Thursday 02 de May de 2024

Comezan as obras para mellorar a calidade viaria e calmar o tráfico a motor en diversas rúas do concello


O Concello de Oleiros dedicará 150.000 euros para mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria ao longo de todo o termo municipal.

En breve comezarán as obras, que durarán un tempo estimado de 6 meses e que consisten en elevar algúns pasos de peóns, dispoñer bandas horizontais de calmado de velocidade, instalar pavimento podotáctil para persoas con dificultades visuais ou mellorar algúns sinais verticais que se atopan deteriorados, entre outras medidas de mellora da mobilidade peonil.

As principais intervencións terán lugar nas rúas Barcala, Pilar Estévez, Arillo, Jiménez Herrero, Corredoira das Viñas, Cormorán, Águia, Concepción Arenal, Souto, Helios e Valle Inclán.